Ir o contido principal

A Aula TIC Pemes da USC organiza unha nova edición do obradoiro virtual sobre xestión de relacións con clientes

Cartaz do curso
Cartaz do curso
O programa formativo desenvolverase en liña do 20 de maio ao 30 de xuño e o prazo de inscrición xa está aberto na web www.usc.es/atpemes

A Aula TIC Pemes da USC organiza unha nova edición do obradoiro virtual sobre xestión de relacións con clientes, un programa formativo que se desenvolverá en liña do 20 de maio ao 30 de xuño e para o que xa permanece aberto prazo de inscrición na web da Aula TIC Pemes da USC.

Este obradoiro virtual, cuxos contidos están baseados na última versión actualizada e dispoñible da ferramenta de software libre vTigerCRM, ten unha marcada orientación práctica, inclúe vídeos de titores en liña e está orientado á participación de autónomos e pemes, ademais de calquera outra persoa interesada nesta temática. Estruturado en 50 horas de formación, o prazo de inscrición no IX ObradoiroVirtual sobre Xestión de Relacións con Clientes (CRM) permanece aberto na web www.usc.es/atpemes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2016.