Ir o contido principal

A AVTE presentará as particularidades do Acelerador de Transferencia da USC á comunidade universitaria

O programa Acelerador de Transferencia presentarase á comunidade investigadora da USC este martes 26 nun acto ás 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Óptica. A Universidade de Santiago deseñou esta programa co fin de avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao contorno social e económico. A sesión impartirana o técnico de Transferencia e Tecnoloxía da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE), Fernando Pardo. O Acelerador de Transferencia está aberto aos grupos de investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia. Con esta iniciativa, séguese a prácticas doutras institucións referentes no ámbito nacional e internacional, como se expuxo na Xornada sobre Valorización de Resultados de investigación, Fondos ‘ Proof of Concept’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2012.