Ir o contido principal

As axudas á realización de teses en galego poden solicitarse ata o 31 de outubro

Cartel das axudas
Cartel das axudas
A contía comprenderá o aboamento dos gastos de fotocopiado e encadernación ata un máximo de 400 euros
Lugo, Santiago de Compostela

Co obxectivo de que a lingua galega sexa de uso normal na redacción e defensa das teses de doutoramento, a USC convoca axudas para a súa realización. A contía comprenderá o aboamento dos gastos de fotocopiado e encadernación ata un máximo de 400 euros e poderá solicitarse ata o 31 de outubro a través do rexistro electrónico da Universidade.

As solicitudes deberán ir acompañadas das facturas dos gastos e da declaración do director ou doutro membro do tribunal de que a defensa se realizou en lingua galega. Asemade, para todos os doutorandos interesados en redactar e defender a súa tese en galego, a USC, por medio do Servizo de Normalización Lingüística, ofrece apoio a través dun servizo de consulta lingüística e terminolóxica, así como asesoramento á corrección do traballo.

A resolución farase no mes de novembro do ano 2020, e comunicaráselle mediante mensaxe electrónica ás persoas interesadas. O importe máximo global do conxunto das axudas será de 3 000 euros para o presente período.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2020.