Bailes latinos na USC para a comunidade chinesa
En resposta a unha demanda da comunidade chinesa na USC, o Espazo de Danza universitario organiza unha convocatoria especial do seu curso de salsa que sirva de achegamento ao mundo latino e no que tamén poderá interactuar con outros estudantes non chineses interesados en participar nesta nova edición.
Cunha duración total de 40 horas a realizar nas tardes dos xoves (de 19:00 h a 21 :00 horas) do 4 de febreiro ao 17 de xuño no Colexio Maior Fonseca, o curso comeza este xoves o seu prazo de matrícula que se pechará cando se cubran as 35 prazas.