Ir o contido principal

Banco Santander presenta na USC o seu programa de bolsas de prácticas en empresas

Unha nova edición das Bolsas Santander-CRUE-CEPYME de prácticas profesionais en pequenas e medianas empresas darase a coñecer este venres 30 na Universidade de Santiago. Será nun acto no que se ofrecerán todos os detalles da cuarta convocatoria desta iniciativa que en Galicia ofrece este curso 351 axudas. A presentación do programa, impulsado polo Banco Santander a través de Santander Universidades, terá lugar ás 12.00 horas no Salón Nobre de Fonseca e nela intervirán o reitor da USC, Juan Viaño; o director territorial de Banco Santander en Galicia, Pablo Berdiel; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño. As persoas asistentes poderán coñecer ademais de primeira man diversas experiencias na realización destas prácticas tanto por parte do estudantado como das empresas. Así, de maneira breve intervirán a bolseira Jessica Tato Arias; a directora xeral de Baeza e Barrantes, Mª Concepción Baeza y Barrantes; o director xeral de Biostatech, Vicente Lustres Pérez; e a responsable de Márketing de Mediasiete Publicaciones, S.A., Diana Gonçalves.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2015.