A base de datos bibliográfica Scopus integra a revista European Journal of Psychology Applied to Legal Context
A revista European Journal of Psychology Applied to Legal Context , cuxo editor é o profesor da USC Ramón Arce, acaba de ser indexada en Scopus, a base de datos bibliográfica que engloba a maior colección multidisciplinar do mundo de resumes, referencias e índices de literatura científica, técnica e médica. The European Journal of Psychology Applied to Legal Context é a revista oficial da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense que tamén dirixe o profesor Arce. A revista publica artigos empíricos, estudos teóricos e revisións que abordan temáticas relacionadas coa psicoloxía e a lei. A publicación diríxese a persoal investigador, académico e profesional da Psicoloxía, Dereito, Traballo Social, Ciencias Forenses, da Educación e, en xeral, aqueles ámbitos relacionados coas Ciencias Sociais e a Lei.