Ir o contido principal

Beatrice d'Orleans imparte un seminario sobre o valor da imaxe no Máster en Dirección e Xestión de Empresas de Deseño e Moda

Tamén participará o presidente do Instituto Europeo de Protocolo e Comunicación

A directora de Comunicación de Dior Perfumes, Beatrice d’Orleans, e o presidente do Instituto Europeo de Protocolo e Comunicación, Francisco José López Navarrete, participan este sábado 24 na programación académica do Máster en Dirección e Xestión de Empresas de Deseño e Moda, organizado pola USC e ITE Caixa Galicia.
Beatrice d’Orleans e Francisco José López Navarrete serán os responsables de impartir o seminario ‘O valor da imaxe’ no que se darán pautas para desenvolver estratexias de comunicación no sector das marcas de luxo. A sesión comezará ás 13:00 horas na Fundación Caixa Galicia de Santiago (r/ do Vilar).
Neste encontro, os participantes recibirán claves sobre como mellorar a imaxe dunha organización, a importancia de elaborar un Plan de Relacións Públicas, a xestión integral de eventos, pasos básicos para a elaboración dun evento ou o valor redaccional dos actos organizados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2008.