A Biblioteca Concepción Arenal agasalla o nadal cun flashmob
Dentro das actividades conmemorativas do seu décimo aniversario
Bailaríns e bailarinas do Espazo de Danza xunto coa orquestra do Espazo de Cámara da USC mudaron recentemente o ambiente da Biblioteca Concepción Arenal que, dentro das iniciativas do seu décimo aniversario, sorprendeu ao seus usuarios/as cunha xornada de comuñón entre música e danza. Os compases do Gaudeamus interpretados polos compoñentes da Orquestra universitaria foron o acompañamento para a coreografía posta en escena por diversos lugares da Sala de Lectura da Biblioteca Concepción Arenal, que por uns instantes mudou o seu ambiente de estudo por outro de lecer. A iniciativa quedou inmortalizada nun flashmob que está dispoñible no enderezo web http://www.youtube.com/watch?v=B6xTZVAOjjE&feature=youtu.be.