A Biblioteca Concepción Arenal convida a unha lectura pública da Constitución de 1812

Con motivo da celebración do bicentenario da promulgación da Constitución de 1812, o mércores 21 de marzo ás 12:30 horas a Biblioteca Concepción Arenal organiza unha lectura pública do texto á que está convidada toda a comunidade universitaria. Quen desexe tomar parte na lectura (incluso con algún artigo en concreto) debe pórse en contacto con josemaria.miranda [at] usc.es (José María Miranda Boto).