Ir o contido principal

A Biblioteca Concepción Arenal propón A Galaxia Gutenberg para o Club de lectura @Nas Marxes do día 28

A Biblioteca Concepción Arenal da USC preparou para o seu Club de Lectura @Nas Marxes do día 28 a obra A Galaxia Gutenberg : a creación do home tipográfico, de Marshall McLuhan, peza clave no estudos dos media.

O volume, pertencente á colección ‘Clásicos do Pensamento Universal’ editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, está traducida polo profesor Manuel Outeiriño e ten un limiar do ex reitor da USC Darío Villanueva.

Unha vez lida a obra –cuxos exemplares poden solicitarse en préstamo– poderase participar no debate sobre ela e o autor que terá lugar o próximo 28 de outubro ás 19.00 horas na propia biblioteca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2016.