Ir o contido principal

A Biblioteca Intercentros celebra este venres o Día Internacional das Montañas coa apertura dun centro de interese

A Biblioteca Intercentros do campus de Lugo da USC súmase á celebración do Día internacional das Montañas coa apertura este venres dun centro de interese, no que se inclúen libros, artigos, películas..., que permiten aos/ás usuarios/as achegarse á realidade das montañas desde distintas perspectivas, tales como o son a literatura, xeoloxía, paisaxe, gandería, agricultura...

A directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, será a encargada de inaugurar este venres, a partir das 12.45 horas, este novo centro de interese no marco dun acto no que o profesor Roxelio Pérez Moreira ofrecerá un breve relatorio sobre a temática relacionada con este centro de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2015.