A Biblioteca Intercentros súmase aos actos do Día da Ciencia en Galego cunha mostra sobre Cruz Gallástegui

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC vén de abrir un mostra sobre a obra científica de Cruz Gallástegui Unamuno, o enxeñeiro agrónomo e veterinario a quen se lle dedica este ano o Día da Ciencia en Galego.
A mostra, organizada polo persoal da Biblioteca Intercentros, que dirixe Julia Cantalapiedra, amosa unha escolma dos traballos e publicacións realizadas por Cruz Gallástegui, obras publicadas na súa maior parte pola Misión Biolóxica de Galicia e cuxa temática aborda aspectos orientados á mellora biolóxica do millo. Xunto a estas obras de Cruz Gallástegui, unha persoa, de orixe vasca e formado en Estados Unidos, que está considerada unha das figuras destacadas do agrarismo en Galicia, un labor no que tamén colaborou con outros persoeiros destacados como o son o Rof Codina e Xan de Forcadas, esta mostra tamén recolle publicacións e traballos sobre a figura e o legado deste investigador. A mostra sobre Cruz Gallástegui Unamuno permanecerá aberta ata mediados do mes de novembro nas vitrinas da Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC. A entrada é libre de balde para todas as persoas interesadas.