Ir o contido principal

A Biblioteca de Lugo organiza un novo curso de busca de información na base de datos Web of Science

O prazo de inscrición xa está aberto para as 22 prazas dispoñibles

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo celebrará o día 25 un curso de busca de información na base de datos Web of Science destinado principalmente ao persoal docente e investigador, de terceiro ciclo e de posgrao.
O curso celebrarase na aula Universia do centro o mércores 25, de 11:00 a 12:30 horas. Durante o curso explicarase a estrutura desta base de datos, a información que recolle e os distintos sistemas de busca. Exporán tamén as opcións de almacenaxe previstas para a información seleccionada.
O prazo de inscrición xa está aberto e cubrirase por orde de solicitude, que deberá remitirse á dirección electrónica intcesar [at] usc.es (intcesar[at]usc[dot]es) ou chamar á extensión 23503. Só haberá 22 prazas dispoñibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2008.