Ir o contido principal

A Biblioteca de Lugo organiza para o día 6 un curso de busca de información na base de datos Web of Science

O prazo de inscrición xa está aberto para as 22 prazas dispoñibles

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo celebrará o día 6 de febreiro un curso de busca de información na base de datos Web of Science destinado principalmente ao persoal docente e investigador, de terceiro ciclo e posgraos.
O curso celebrarase na aula Universia do centro o mércores 6, de 17:00 a 18:00 horas. Durante o curso explicarase a estrutura desta base de datos, a información que recolle e os distintos sistemas de busca. Exporán tamén as opcións de almacenaxe previstas para a información seleccionada.
O prazo de inscrición xa está aberto e se cubrirá por orde de solicitude, que deberá remitirse á dirección electrónica intcesar [at] usc.es (intcesar[at]usc[dot]es) ou chamar á extensión 23503. Só haberá 22 prazas dispoñibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2008.