Ir o contido principal

A Biblioteca Universitaria traballa na elaboración do seu propio Plan Estratéxico

O vindeiro luns celebra unha xuntanza de traballo no Centro de Estudos Avanzados

A Biblioteca Universitaria da USC (BUSC) inicia o vindeiro luns 9 unhas xornadas de traballo coas que se pretende elaborar unha diagnose das debilidades e fortalezas deste servizo universitario. Neste encontro van participar preto de corenta integrantes do colectivo do Persoal de Administración e Servizos da propia Biblioteca. As xornadas, a celebrar no Centro de Estudos Avanzados, contan coa colaboración da vicerreitoría de Calidade e o apoio da de Investigación.
Dende diferentes aspectos clave, nestas xornadas o traballo articularase a partir de diversas sesións organizados os participantes en grupos transversais formados por representantes dos diferentes colectivos que conforman o persoal da BUSC en diferentes campus e quendas de traballo.
Os resultados deste encontro, xuntamente cos datos rexistrados anteriormente nas enquisas de satisfacción deste servizo, representarán o punto de partida para a elaboración do primeiro Plan Estratéxico da BUSC, segundo explicou súa a directora, Mª Isabel Casal. Trátase dun proceso no que “é fundamental acadar a implicación do propio persoal da biblioteca así como da comunidade universitaria á que dá servizo”, engade a responsable do servizo.
Esta primeira etapa de cara é elaboración do mencionado Plan Estratéxico, que comezará inmediatamente despois das xornadas, contará coa asesoramento do profesor da Universidade de Sevilla, Emilio Diez de Castro.
O Plan Estratéxico da BUSCA finais de 2008 constituíuse un grupo de traballo na Biblioteca Universitaria integrado polo seu propio persoal co asesoramento da Vicerreitoría de Calidade e Planificación co obxecto de traballar no deseño do Plan Estratéxico. Este grupo determinou unha serie de cuestións a analizar por consideralas clave na fase de análise e diagnose da situación. Trátase de temas que analizan as bibliotecas universitarias como soporte de aprendizaxe e de investigación, o papel do bibliotecario, a cooperación bibliotecaria, marketing e comunicación, o acceso aberto e a web social.
Percepción da bibliotecaSegundo unha enquisa realizada no primeiro semestre do ano entre a comunidade universitaria, a BUSC acadou unha boa valoración global como servizo, xa que un 60% dos alumnos consultados mostrouse bastante ou moi satisfeito, porcentaxe que sube ao 93% ao engadir os que se consideran satisfeitos. Polo que respecta ao PDI, un 86% está bastante o moi satisfeito co servizo, cifra que alcanza o 100% ao considerar os que se declaran satisfeitos. Finalmente, o 80% do PAS móstrase bastante ou moi satisfeito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2009.