Ir o contido principal

As bibliotecas abren as súas portas en horario extraordinario

Durante o período de Nadal, as bibliotecas permanecerán abertas de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e, nas fins de semana, de 10.00 a 19.30 horas. FOTO: Santi Alvite
Durante o período de Nadal, as bibliotecas permanecerán abertas de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e, nas fins de semana, de 10.00 a 19.30 horas. FOTO: Santi Alvite
Intercentros de Lugo, Concepción Arenal e Económicas estenden a súa apertura de 10.00 a 19.30 horas festivos e fins de semana
Lugo, Santiago de Compostela

A Biblioteca Intercentros de Lugo, así como a Concepción Arenal e a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ambas as dúas en Santiago de Compostela, abren en horario extraordinario ata o vindeiro 20 de decembro. Entre o 2 e o 24 de xaneiro, alén das xa citadas, tamén abrirán en horario extraordinario as bibliotecas das facultades de Matemáticas e Bioloxía. O horario correspondente a fins de semana e festivos estenderase entre as 10.00 e as 19.30 horas.

Durante o período de Nadal, as bibliotecas permanecerán abertas de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e, nas fins de semana, de 10.00 a 19.30 horas. O acceso ás bibliotecas, así como as limitacións de aforo, realizarase de acordo ao establecido nos protocolos de seguridade por mor da COVID-19.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2020.