Ir o contido principal

Bioloxía e Matemáticas acubillan as fases autonómicas das súas respectivas olimpíadas

Bioloxía e Matemáticas acubillan as fases autonómicas das súas respectivas olimpíadas
Bioloxía e Matemáticas acubillan as fases autonómicas das súas respectivas olimpíadas

As Facultades de Bioloxía e Matemáticas da USC acubillan este venres as respectivas fases autonómicas das súas Olimpíadas Estatais. As dúas dan comezo ás 10.00 horas coa participación de rapaces e rapazas de numerosos centros de ensino secundario de Galicia. A IX Olimpíada de Bioloxía, convocada anualmente e organizada pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) en colaboración co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, a Xunta e as tres Universidades galegas, celébrase co obxectivo de fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese pola investigación. Pola súa banda, para a L Olimpíada Matemática Española cóntase en Galicia co patrocinio de EDISA Centro de Innovación cuxo presidente, Alfonso Amorín, foi profesor do Departamento de Álxebra da Facultade de Matemáticas, coa que continúa colaborando.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2014.