Ir o contido principal

O boletín do Centro de Estudos e Documentación Europeos incorpora a lingua sarda aos seus contidos

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) acolle por un período de tres meses a estudantes da Universidade de Sassari (Cerdeña) que realizan neste servizo da universidade compostelá estadías de estudo e colaboración grazas ao programa Erasmus Placement. Os/as participantes no programa, durante a estadía, finalizan as súas investigacións e intercambian coñecementos con estudantado galego. Neste eido, o Boletín CeDe USC publica no seu último número un primeiro artigo de difusión escrito en lingua sarda, orientado a dar a coñecer esta lingua minoritaria. As persoas interesadas en solicitar estadías ou prácticas en Cerdeña, poden contactar co CEDE para acadar máis información (cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es)).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2014.