As bolsas para facer compras no Mercado de Abastos compostelán xa teñen beneficiarios
A Universidade de Santiago acaba de facer pública a listaxe definitiva das persoas beneficiarias das dez bolsas para facer compras no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Os bonos, para facerse con produtos frescos de balde, entregaranse este venres 10 nun acto público a celebrar ás 11:00 horas na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua (Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega). A contía da bolsa, que estende a súa duración ata o 28 de xuño, será de 5 euros por día, a gastar de luns a sábado e non sendo acumulables máis dunha semana.