Bos resultados do equipo alevín de natación do club USC
O equipo de natación do club USC acadou uns excelentes resultados na xornada da liga alevín celebrada en Arzúa o pasado 3 de marzo. María Cotos acadou o segundo posto en 100 bolboreta -conseguindo a marca mínima para participar no campionato galego da categoría- e o cuarto en 200 estilos. Ademais, Carmen Míguez quedou terceira en 100 bolboreta e Ivan Carril cuarto nesa modalidade e sétimo en 200 estilos.