Ir o contido principal

Bota a andar o certame audiovisual Youtubeir@s 2020

Establécense doce premios: tres principais, valorados en 1.000 euros cada un; e nove premios de 500 euros cada un
Establécense doce premios: tres principais, valorados en 1.000 euros cada un; e nove premios de 500 euros cada un
Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros
Lugo, Santiago de Compostela

Os premios Youtubeir@s nos que toma parte a USC, teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira. Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros.

O prazo para inscribir os vídeos e canles no certame Youtubeir@s mantense aberto ata 23 de outubro de 2020 ás 23.59 horas. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde. As persoas participantes deben inscribirse a través deste formulario. Cada persoa creadora pode inscribir tantos vídeos ou canles como desexe, tal e como establecen as bases do certame. Establécense doce premios: tres principais, valorados en 1.000 euros cada un; e nove premios de 500 euros cada un.

Vídeo presentación de Youtubeir@s 2020
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2020.