Bota a andar a versión en probas da App ‘USC Deportes’

A USC acaba de poñer a disposición das persoas usuarias do seu Servizo de Deportes a versión de probas da nova aplicación móbil ‘USC Deportes’. Esta App está deseñada para poder consultar e seguir á carta un repositorio de clases virtuais de xeito gratuíto e da man de profesorado experto e cualificado.
Pode accederse a esta versión en probas, dende a conta de usuaria/o rexistrada neste Servizo. Logo de premer no botón ‘Descargar App USC Deportes’, recibirase un correo de benvida coas credenciais e a ligazón que permite a descarga dende o móbil para acceder aos contidos ofertados.
Esta é unha proposta que amplía o catálogo de recursos dispoñibles para o conxunto da comunidade universitaria ao tempo que propón novas ferramentas para afrontar a actual situación, achegando alternativas que axuden a continuar coa programación de actividades con independencia das circunstancias socio-sanitarias.