Ir o contido principal

Botou a andar unha nova edición do máster en críticos

Botou a andar unha nova edición do máster en críticos
Botou a andar unha nova edición do máster en críticos

O máster en Críticos iniciou no Complexo Docente do CHUS as sesións académicas da súa quinta edición coa intención de formar a profesionais de xeito específico nas habilidades e aptitudes necesarias para coidar pacientes críticos. Na inauguración, presidida polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, a profesora e coordinadora do curso Amalia Puga destacou que os profesionais da saúde que traballan neste ámbito deben acometer o seu labor coa “presión dun contorno en ocasións complexo e ateigado, no que a despersonalización e o estres se pegan ás súas batas como sombras molestas”. Dende unha metodoloxía activa e participativa, dentro dun formato teórico-práctico, este posgrao achegará o mellor desenvolvemento clínico formativo actual, intercambiando experiencias sobre o manexo do traballo nas unidades de críticos. Para logralo, tratarase de conceptualizar, priorizar e actualizar os grandes temas aos que estes profesionais se enfrontan nestas unidades. O máster articúlase en oito módulos temáticas nos que se atende aspectos relacionados coas urxencias, coronarias, coidados intensivos de adultos, reanimación, doazón e transplantes, transplantes de precursores hematopoiéticos, neonatoloxía e investigación en Ciencias da Saúde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2011.