Ir o contido principal

Boyanka Kostova actuará o día 22 na Igrexa da Universidade

Boyanka Kostova actuará o día 22 na Igrexa da Universidade
Boyanka Kostova actuará o día 22 na Igrexa da Universidade
O concerto, de balde, enmárcase no Outono Cultural da USC

Boyanka Kostova, o dúo pioneiro de trap galego formado por Cibrán García e Chicho do Funk (Ortiga), actuará o 22 de outubro no Outono Cultural. O concerto será ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade, e as entradas poderanse recoller de balde o propio día 22 a partir das 20.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa.

Cibrán García e Chicho do Funk desenvolven o proxecto tomando o nome dunha atleta búlgara, aínda que de nacionalidade azerbaiyana, que practica halterofilia. É un bo exemplo de que a variedade de influencias do dúo santiagués non ten límites. Boyanka Kostova mete na cocteleira a retranca galega, o folclore rexional e os ritmos tradicionais; engaden sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, loops de efectos, samples, caixa de ritmos… 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2025.