Buscan no cárcere da Coruña información sobre os presos represaliados na Guerra Civil
O Proxecto de Investigación Interuniversatario ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’ busca información no cárcere da Coruña sobre os presos represaliados durante a Guerra Civil e continúa, deste xeito, co traballo de baleirado dos libros de rexistros das prisións de Galicia entre 1936 e 1939.
Para levar a cabo a iniciativa, o investigador principal do proxecto e catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto solicitou un permiso especial á Dirección General de Instituciones Penitenciarias outorgado sen problema pero no que se especifica que "poderán ser consultados os expedientes de internos, sempre que transcorreran os 50 años que prevé a Lei de Patrimonio", cousa que non sucede cos que textos a estudar, segundo aclaran os investigadores.
Ata o momento, visitaron o Arquivo Provincial de Ourense onde están os documentos referentes a esta provincia e nos que consta o nome de 2.608 presos gobernativos. Nos vindeiros meses, o equipo procederá ao análise da documentación penal da provincia de Lugo, depositado no Arquivo Histórico Provincial. En Pontevedra, as autoridades estudan trasladar os documentos da prisión da Lama ao Arquivo Provincial, facilitando a consulta para os integrantes do proxecto.
Presos gobernativosOs presos gobernativos do franquismo son aquelas persoas que pasaron por prisión preventiva por tempo indeterminado, moitos sen ningunha pena xudicial, privación de liberdade e perigo manifesto de morrer. Un número importante de galegos padeceron esta represión silenciosa á que se chega, na maioría dos casos, por vía oral e coa corroboración do fondo documental.