Ir o contido principal

A calidade da democracia, tema dunha conferencia do experto italiano Leonardo Morino

O profesor de Ciencia Política do Instituto Italiano de Ciencias Humanas de Florencia, Leonardo Morlino, pronunciará o vindeiro luns, día 10, unha conferencia na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Baixo o título ‘A calidade da democracia’, Morlino intervirá ás 12:00 horas no salón de actos do centro.
Na actualidade Morlino é director do Centro de Investigacións do Sur de Europa e do Centro Europeo de Excelencia da Universidade de Florencia. Foi profesor visitante nas Universidades de Stanford, Yale e no Instituto Hoover en Estados Unidos; no Nuffield College de Oxford, no Instituto de Estudos Políticos de París e no Centro para a Investigación Avanzada en Ciencias Sociais Juan March, en Madrid.
As publicacións de Morlino inclúen máis de cen artigos en italiano, francés, inglés, español, xaponés, húngaro e alemán, principalmente sobre autoritarismo e teoría democrática. É autor de varios libros de referencia na materia, entre eles Cómo cambian los regímenes políticos (Madrid, 1985), Democracia, entre consolidación y crisis. Partidos, grupos y ciudadanos en el sur de Europa (Oxford, 1998) y La comparación en ciencias sociales (Madrid, 1991, en coautoría con Giovanni Sartori).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2007.