Camariñas e Vilalba, rutas de sendeirismo deste mes de febreiro
Un percorrido de 18 quilómetros levaranos o sábado 13 pola zona de Ponte do Porto, en Camariñas, na que é a primeira das rutas de sendeirismo que a USC ten previsto para este mes de febreiro. Cun desnivel baixo e unha dificultade media, os interesados en apuntarse a este paseo deben facelo ata o mércores 10.
A segunda das rutas, de 22 quilómetros cunha dificultade media-alta, discorrerá por Monte Seivane, en Vilalba. Será o sábado 27 e o prazo para inscribirse remata o 24 de febreiro.
Para inscribirse en calquera actividade deportiva débese estar en posesión do cartón deportivo. Quen non o teña aínda pode conseguilo nas oficinas da Área de Deportes, na Piscina Universitaria.