Camino Oslé, vicerreitora de Proxección Social e Cultural da Universidade Pública de Navarra, reúnese co proxecto ‘Nomes e voces’
A vicerreitora de Proxección Social e Cultural da Universidade Pública de Navarra (UPNA), Camino Oslé, chega este mércores a Santiago para reunirse co Proxecto ‘Nomes e Voces’ coa intención de coñecer polo miúdo o traballo desenvolvido nos últimos anos en torno á investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia. O seu interese parte do desexo de iniciar na UPNA un proxecto similar, para o que requiriu o asesoramento e experiencia do grupo de investigación da USC.
Acompañada por Antonio Eureta, secretario técnico da UPNA, e Eloisa Ramírez, directora do Departamento da Facultade de Xeografía e Historia da mesma Universidade, participará este xoves ás 11:00 horas nunha xuntanza na Facultade de Xeografía e Historia co equipo de ‘Nomes e Voces’ na que os investigadores explicarán a metodoloxía de traballo, recollida de materiais e tratamento das distintas fontes. Previamente, ás 9:00 horas, manterá unha xuntanza en San Xerome co vicerreitor de Cultura da USC, Javier Garbayo.