A campaña universitaria de colecta de sangue continúa nos dous campus o martes e mércores
A segunda campaña universitaria de doazón de sangue continúa a o martes 21 e o mércores 22 nos campus de Compostela e de Lugo, co obxectivo de relanzar as doazóns entre a comunidade universitaria neste segundo cuadrimestre do curso 2008-2009. Na iniciativa colabora o Servizo de Participación e Integración Universitaria da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanecerá diante da Facultade de Económicas e Empresariais de Santiago, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. No Campus de Lugo, o servizo de doazóns estará aberto na unidade que se aparcará diante da Facultade de Veterinaria, aínda que só en horario de mañá.