Ir o contido principal

O campionato científico escolar D3Mobile arranca no Campus Terra da USC co aval da Unesco e o apoio de Marc Márquez

Presentación do campionato D3Mobile 2017 na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC
Presentación do campionato D3Mobile 2017 na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC
A inscrición na quinta edición deste campionato científico, dirixido a estudantes de entre 12 e 18 anos e que xa suma máis de 4.000 participantes, remata o 14 de marzo

O campionato científico escolar D3Mobile Metrology World League 2017, un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet organizado polo grupo USCAN3D e aberto á participación de profesores e estudantes de ensino medio, botou a andar este mércores na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. A quinta edición de D3Mobile arranca co apoio explícito do vixente do campión mundial de MotoGP, Marc Márquez, ademais de contar co patrocinio da Fecyt e o respaldo explícito da Unesco por tratarse dun programa que favorece a adquisición de competencias propias do século XXI, a través do fomento da aprendizaxe, ensinanza e resultados educativos mediante o uso das TIC, ademais de empregar m-learning, e-learning e recursos educativos de libre acceso (OER).

O director deste proxecto de divulgación científica escolar, o profesor da USC Juan Ortiz Sanz, salientou na presentación da quinta edición desta competición científica en liña que o obxectivo da D3Mobile é o de promover o interese pola ciencia entre os máis novos, ademais de introducir a estudantado preuniversitario no modelado 3D e nos novos métodos emerxentes de medición de precisión. O carácter gratuíto do certame, cuxos promotores proporcionarán formación en liña a través de guías, foros e un correo electrónico, e cuxa participación so require contar cun teléfono móbil ou tablet, un PC ou MAC con Windows, Linux u OSX, e unha conexión a internet, foron outras das consideracións salientadas por Ortiz. O éxito da participación rexistrada nas anteriores edicións de D3Mobile, nas que se inscribiron máis de 4.000 estudantes de todo o mundo responde, en opinión de Ortiz, ao crecente uso cotiá do modelado 3D en áreas ligadas á cultura xuvenil (cine, deporte, motor, moda, videoxogos), así como á xeneralización de modelos virtuais 3D, concibidos xa como ferramentas acaídas para o rexistro de información, en multitude de campos (medicina, veterinaria, urbanismo, arquitectura, industrias -moda, automoción, ocio, videoxogos, aeroespacial, agroalimentaria...-, enxeñaría, construción, deporte, patrimonio o, entre outros, accesibilidade). O rápido desenvolvemento que está a experimentar a impresión en 3D constitúe un aliado máis para o éxito de D3Mobile, di o director deste proxecto. Experiencia educativa en liña para estudantes e docentes D3Mobile é unha experiencia educativa en liña que persigue a estimulación das competencias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) para probar a importancia da toma de decisións baseadas na análise de resultados logo dun proceso experimental. Trátase dun campionato aberto a estudantes de entre 12 e 18 anos, distribuídos en equipos de entre 2 e 4 alumnos e un profesor. A inscrición está aberta ata o 14 de marzo na web http://d3mobile.es. As probas serán en abril e os gañadores daranse a coñecer en xuño, tal e como se indica na guía rápida de participación. Premios Un dos premios destacados para o equipo gañador da D3Mobile Metrology World League 2017 inclúe unha camiseta e gorras asinadas por Marc Márquez, quen se suma así á relación de deportistas, como Pau Gasol, Iker Casillas ou Rafa Nadal, arrouparon outras edicións da D3Mobile. Esta edición contempla asemade catro premios para os equipos que mellor promovan a estratexia da Unesco no horizonte 2014-2021, un galardón para a difusión de resultados de investigación dun científico ou centro de investigación español e outro semellante centrado na I+D+I na USC. A Fundación Mujeres española financia un premio á promoción da muller na nos ámbitos da arquitectura e a enxeñaría. A alcaldía maior de Bogotá, en colaboración con el Centro Cultural e Educativo Reis Católicos desta cidade, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España financian nesta edición os premios D3mobile-frontera, gres galardóns que irán para os equipos de Colombia ou Quito que mellor potencien a relación entre España e Latinoamérica nos ámbitos industrial, de investigación ou de colaboración sobre a paz. Crecente relación de patrocinadores O proxecto D3Mobile conta cunha ampla e crecente relación de patrocinadores, entre los que figuran Unesco, a Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt), o Centro Español de Metroloxía (CEM), o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), Universia, Banco Santander, Xunta de galicia, Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e BQ, entre outras empresas UNIVERSIA, del Banco de Santander; la Xunta de Galicia, la Diputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e BQ, entre outras institucións públicas e privadas.

Moitas das entidades colaboradoras coa organización de D3Mobile participaron este mércores no acto de presentación da quinta edición deste campionato científico celebrado na Escola Politécnica Superior do Campus Terra. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a directora do grupo de investigación USCAN3D do Campus Terra da USC, Mariluz Gil; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial da área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera Capón; a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia, Pablo Carballo Cruz, foron algúns dos participantes nesta sesión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.12.2016.