Ir o contido principal

O campionato galego universitario de deportes colectivos cita en Lugo os días 19 e 20 de marzo ás tres universidades galega

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, e o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, presentarán este mércores, ás 12.30 horas, na Vicerreitoría de Lugo, o XVI Campionato Galego de Deportes Colectivos, un torneo que fará de Lugo a capital galega do deporte universitario os vindeiros días 19 e 20 de marzo de 2013.

A subdirectora do Servizo de Deportes d USC, Maribel Prado, o responsable da área de Deportes do campus de Lugo, Jesús Castro, e o delegado de Coca Cola en Lugo, Raúl Centelles, tamén asistiron á presentación desta nova edición do campionato universitario de deportes colectivos, na que tomarán parte distintas seleccións de deportistas das universidades de A Coruña e de Vigo, ademais da Universidade de Santiago de Compostela.

Este torneo, que volve celebrarse despois de nove anos en Lugo, onde xa se disputara no ano 2004, abrangue disciplinas diferentes como son fútbol sala, fútbol 7 feminino, fútbol 11 masculino, baloncesto, voleibol, rugby 7 e balonmán. As competicións, que serán na modalidade masculina e feminina en todos os deportes, agás nas disciplinas xa indicadas, terán lugar nas distintas instalacións emprazadas na capital luguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2013.