Seis campionatos da USC ao longo do mes de abril
A Universidade de Santiago celebra este mes de abril seis novos campionatos universitarios. Natación, remo, piragüismo, voleipraia, vela cruceiro e judo son as disciplinas nas que competirán os deportistas da USC.
A primeira das citas será coa natación o 9 de abril na Piscina Universitaria para, o día 12, ter lugar en Noia o campionato de remo e o seguinte día o de piragüismo en Catoira. A quenda do voleipraia será o 15 de abril en Vigo e a de vela cruceiro o 19 en Portosín, para rematar co campionato de judo o 26 de abril de novo en Compostela.
Pesca submarinaA USC celebrou este pasado sábado en Porto do Son o campionato de pesca submarina, no que por vez primeira participou unha muller que acadou unha moi boa puntuación.