Ir o contido principal

O Campus de Lugo acolle un curso de formación musical

Lugo acolle, dende este martes 3, un curso de música dirixido a mellorar a técnica vocal daquelas persoas que desexen formar parte da sección vocal do Grupo de Creación Musical (GCMUS) do campus lucense, que ten doce anos de historia e conta ademais con unha sección electrónica.
A relatora deste curso da sección vocal, Mónica Álvarez, ensinaralles aos participantes as distintas linguaxes musicais que existen, diversas técnicas de relaxación e movementos que poden empregar como apoio ao canto. As sesións terán lugar todos os martes ata o vindeiro 25 de maio, en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2009.