Ir o contido principal

O Campus de Lugo dá comezo ás actividades da Semana Forestal Europea

Coincidindo coa Semana Forestal Europea que organizan a Unión Europea e a FAO, a Universidade de Santiago colabora con Confemadera Galicia na organización dun conxunto de actividades por toda Galicia para sensibilizar á sociedade galega no valor dos montes, tanto desde o punto de vista medioambiental como social e económico.

Será a Escola Politécnica Superior de Lugo a que dea acubillo á primeira das charlas do ciclo ‘O monte é a nosa vida, patrimonio de todos os galegos’, este luns 9 ás 10.00 horas, na que se explicará cómo mellorar a capacidade forestal de Galicia. Participan a directora xeral de investimentos da Fundación Barrié, Ana Varela, e o vogal da Asociación de bolseiros, Alberte Piñeiro. A continuación visitarase un aproveitamento forestal en Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2013.