O Campus de Lugo entrega os seus premios de Fútbol 7

A disputa da Copa do Campus de Lugo da USC reuniu este martes 6, no Campo Municipal da Cheda, os seis equipos de Fútbol 7 que se enfrontaron dende as 9.00 horas nos encontros de cuartos de final, semifinais, a final de consolación e a final do torneo. Finalmente, impúxose o equipo Leones de Montepinar fronte ao Lobos FC. Malia rematar con con empate a uns, a final resolveuse nos penaltis cun 2-1. Como terceiro clasificado quedou o equipo Shalke Te Meto.
Na mesma xornada fíxose entrega dos trofeos dos tres primeiros clasificados da liga universitaria de fútbol 7: Leones de Montepinar, Lobos FC e Recreativo de Juerga. Na entrega de trofeos interviñeron o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico; e a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde.
A entrega de galardóns súmase á que xa se realizou a pasada semana en Compostela e que abarcou diferentes modalidades deportivas.