Ir o contido principal

O Campus de Lugo lembra a memoria da ilustradora Lolita Díaz Baliño cun mural

Mural sobre Lolita Díaz Baliño no Campus de Lugo
Mural sobre Lolita Díaz Baliño no Campus de Lugo
A creación sobre a pintora coruñesa realizada por Ana Santiso súmase a outra imaxe de Rosalía de Castro elaborada por Concepto Circo ao abeiro dunha iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para poñer en valor dúas mulleres pioneiras
Lugo

Un mural elaborado por Ana Santiso lembra no Campus de Lugo a figura e a obra da pintora e profesora coruñesa Lolita Díaz Baliño, quen, xunto con Carmen Corredoyra, se converteu na primeira muller en ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes.

A imaxe desta muller galega pioneira no eido da cultura súmase á de Rosalía de Castro, obxecto doutro mural elaborado por Concepto Circo ao abeiro dunha iniciativa promovida pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo co obxecto de poñer en valor a figura e a obra das protagonistas retratadas.

Lolita Díaz Baliño, pioneira en Galicia no eido da cultura pictórica e tía de Isaac Díaz Pardo, e Rosalía de Castro, precursora e referente da escrita en lingua galega, considerada tamén entre as grandes poetisas da lingua española do século XIX, espallan a súa pegada a través destes murais á comunidade universitaria luguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2021.