Ir o contido principal

O campus de Lugo, modelo de xestión dun campus periférico para o Instituto Nacional Tecnolóxico de Santo Domingo

Recepción a Joanna Sánchez, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo
Recepción a Joanna Sánchez, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo
A dominicana Joanna Sánchez visita o campus co programa Stella do Grupo Compostela para coñecer os servizos e recursos administrativos da sede universitaria luguesa

A dominicana Joanna Sánchez, do Instituto Tecnolóxico Nacional de Santo Domingo, está a completar unha estadía no campus de Lugo a través da última convocatoria do plan de mobilidade de Persoal de Administración e Servizos do programa Stella, promovido polo Grupo Compostela de Universidades co obxecto de intercambiar experiencias e coñecemento entre institucións universitarias dun e doutro lado do Altántico.

A visita de Joanna Sánchez ao campus encádrase no marco do proxecto ‘Modelo de xestión dun campus periférico’, ofertado pola USC a potenciais beneficiarios do pograma Stella e coordinado pola directora da biblioteca da Facultade de Formación de Profesorado, Carmen Varela, quen está a acompañar á visitante dominicana polos diferentes servizos e unidades de xestión do campus de Lugo.

Joanna Sánchez, visitou este luns a Vicerreitoría de Coordinación do campus para manter un encontro cos vicerreitores Javier Bueno e Carme Silva, ademais de para coñecer de primeira man outros dos servizos e departamentos de xestión universitarios. Durante a súa estadía en Lugo, Sánchez tamén visitará a Vicexerencia do campus, así como a unidade de xestión académica e, entre outros, a Oficina de Relacións Exteriores. Ademais, esta primeira visitante do programa Stella que chega a Lugo tamén desprazará a Santiago de Compostela

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2014.