Ir o contido principal

O Campus de Lugo recibiu a 38 estudantes estranxeiros e enviou fóra a 77

Este ano os alumnos doutros países terán un acompañante de Lugo que fará as veces de titor

Un total de 38 estudantes universitarios estranxeiros estudan xa este ano curso no Campus de Lugo dentro dos distintos programas de mobilidade xeográfica aos que pertence a Universidade de Santiago de Compostela. Este dato contrasta cos 77 alumnos lucenses que están este ano cursarán estudos no estranxeiro.
Dentro do coñecido programa ERASMUS de mobilidade xeográfica, o Campus lucense recibiu este ano a 29 estudantes de primeiro e segundo ciclo, procedentes de países europeos. Están xa en Lugo 10 procedentes de Portugal, 8 de Polonia, 4 de Italia, 3 de Francia, 2 de Gran Bretaña, 1 de Alemania Alemaña e 1 de Tajikistán. A gran maioría, 21, están destinados áestudan na Facultade de Veterinaria e o resto repártense entre a Escola Universitaria do Profesorado (3), Humanidades (2) e Filoloxía, Ciencias e EPS.
Pola contra, do Campus de Lugo mandou foron estudar aos países europeos a un total de 73 alumnos, 45 da EPS, 18 de Veterinaria, 8 de Administración e Dirección de Empresas, 1 de Ciencias e 1 de Maxisterio. O país de destino onde máis alumnos viaxan é Portugal, onde xa están 36 deles, seguido de Italia con 15 estudantes. Tamén hai 6 en Francia, 4 en Holanda e en Polonia, 3 en Alemania Alemaña e na República Checa e 1 en Malta e en Noruega.
O programa ERASMUS naceu para fomentar a mobilidade xeográfica entre alumnos de primeiro e segundo ciclo das universidades europeas e o número de participantes vai aumentando en cada convocatoria. De feito, no pasado curso 2006/07 houbo 24 alumnos estranxeiros e viaxaron dende Lugo 48.
Programa de Atención a Estudantes EstranxeirosÁ hora de participar no programa ERASMUS, o coñecemento da lingua é un factor decisivo. Por isto, os alumnos que chegan do estranxeiro entran en contacto directo co Centro de Linguas Modernas, onde pasan un exame sobre o seu nivel de coñecemento do idioma. Este ano irán máis alá, e o campus lucense contará por primeira vez cun grupo de alumnos de Lugo que terán a función de orientadores/titores destes visitantes para facilitar a súa incorporación á vida universitaria lucense. Este proxecto recibe o nome de Programa de Atención a Estudantes Estranxeiros e se coordina a través do Servizo de Voluntariado.
Así, durante o tempo que pasen en Lugo, poderán contar con axuda directa doutros alumnos para solucionar moitos dos problemas que xurdan, tanto da súa vida académica como cotiá. Ademais, este ano, serán recibidos oficialmente polo Concello de Lugo e polas autoridades da USC nun acto que se convocará a próxima semana.
Outros programas de intercambioXunto aos alumnos do programa ERASMUS, existe tamén outro Programa de Intercambio Bilateral, con universidades doutros países non europeos. Actualmente están en Lugo seis 6 persoas, todas elas procedentes de Brasil repartidas 4 polas facultades ende Ciencias, e 1 en Veterinaria e na Escola de1 en Maxisterio. De Lugo utilizaron este programa outros 4 persoas estudantes (3 da EPS e 1 de Hispánicas), que viaxaron 2 a Brasil 1 a Canadá e 1 a Cuba.
Este tipo de intercambio realízase con centros concertados coa USC e para optar a este programa o dominio do idioma do país de destino é obrigado. De feito, a maior parte das solicitudes son a Estados Unidos. Unha das diferencias co programa ERASMUS é que os alumnos do programa bilateral teñen a obriga de ter unha titulación elevada en idiomas para participar e a duración das estancias é de catro meses, mentres que no ERASMUS pode chegar ata un ano.
Ademais, a USC mantén aberto tamén o prazo de solicitude para o próximo curso académico en programas de intercambio específicos con EE.UU. e Porto Rico e con países de Asia Central.
SICUEA mobilidade xeográfica dos alumnos realízase tamén dentro do Estado español a través do programa SICUE, que se combina coa concesión das bolsas Séneca. En Lugo están a estudar 9 alumnos de fóra da USC e marcharon 15. Destes últimos, 10 proceden da Facultade de Veterinaria, 3 da de Ciencias, 1 de Humanidades e 1 da Escola de Enfermería e están repartidos por Madrid, Valencia, Córdoba, Barcelona, Granada, Canarias e Estremadura.
Por outra banda, a Lugo chegaron 6 con destino á EPS e 3 a Veterinaria e proceden de Madrid, Córdoba, Valencia e León.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2007.