Ir o contido principal

campUSCulturae achega a Galicia a historia e cultura polacas

campUSCulturae achega a Galicia a historia e cultura polacas
campUSCulturae achega a Galicia a historia e cultura polacas
Inaugura este sábado 7 a exposición ‘Poland First to Fight

Fiel ao espírito de transnacionalidade que inspira o programa Culture da UE, promotor do proxecto campUSCulturae a través da EACEA Culture Agency, a USC e a Universidade polaca de Lodz porán en marcha varias actividadades ao longo de novembro e decembro para dar a coñecer a cultura e historia polacas.

Como primeira actividade, este sábado 7 ás 12.00 horas terá lugar a inauguración da exposición ‘Poland First to Fight, organizada en colaboración coa Asociación Histórico Cultural que leva o mesmo nome, coa Asociación Polonia en Galicia e coa Embaixada en España. Ao acto inaugural asistirán representantes desas entidades así como o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira. A continuación Alberto Trujillo, presidente de ‘Poland First to Fight’, pronunciará a conferencia ‘ Mulleres na loita pola liberdade’.

A exposición e a conferencia terán lugar na Biblioteca Internacional campUSCulturae da Diversidade Cultural, emprazada na planta baixa da Biblioteca Xeral, no Colexio de Fonseca, onde permanecerá ata o vindeiro 25 de novembro.

En decembro continuarán as actividades cunha exposición sobre ilustración polaca para nenos e nenas e un seminario internacional sobre cultura e literatura de Polonia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2015.