Ir o contido principal

campUSCulturae celebra o Día Internacional das Bibliotecas inaugurando o seu Caderno de Bitácora

A Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural inaugurará este venres 24, no Día Internacional das Bibliotecas, o seu blog Caderno de Bitácora, especializado en iniciativas lectoras e aberto á colaboración dos lectores e lectoras interesados/as. Este blog terá ademais a súa versión radiofónica a través do programa homónimo sobre libros e lecturas que proximamente comezará a emitirse a través de Radio campUSCulturae. Segundos os seus promotores, a intención é que ambas iniciativas se complementen e retroalimenten de forma mutua. Tanto Cadenos de Bitácora como a versión dixital da Biblioteca Internacional da Diversidade Cultura, dotada de buscador propio, está a disposición das persoas interesadas na web. campUSCulturae é unha aposta a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. Considerar a importancia das culturas (nomeadamente as minoritarias, máis acosadas por perigos que afecten á súa continuidade e pervivencia) representa unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á lingua e cultura galega a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2014.