campUSCulturae reflexiona sobre a relación cultural entre España e Italia a través das viaxes
O simposio internacional ‘ Viaxes e camiños: relacións interculturais entre España e Italia’ proporá unha reflexión sobre a viaxe como tema recorrente ao longo dos séculos tanto para descubridores ou aventureiros como para creadores e investigadores. Esta é unha actividade proposta polo proxecto campUSCulturae en colaboración coa Área de Italiano da Facultade de Filoloxía, para a que o prazo de presentación de comunicación rematará o próximo 29 de febreiro. Pola súa banda, a data límite de inscrición rematará o 5 de marzo.
Ao longos dos días 16, 17 e 18 de marzo, están programadas unha serie de intervencións de investigadores e investigadoras de diversas universidades españolas e italianas que reflexionan sobre como a literatura e estudos diversos teñen reflectido o concepto das viaxes ou as peregrinacións en distintos momentos das tradicións culturais dos dous países.