Cancélase o concerto desta tarde do ciclo de novos talentos polas previsións meteorolóxicas
Por mor das condicións meteorolóxicas previstas para esta tarde, cancélase o concerto do ciclo Novos Talentos Musicais que ía ter lugar hoxe mércores ás 20.00 horas no Paraninfo.
Proximamente anunciarase a data na que se celebrará o recital, a cargo da pianista Marina Fernández Rueda e do quinteto de corda Gabost composto polos violíns Garazi Echeandia Arrondo e Juan Gomollón Bel, a viola Ane Aguirre Nicolás, a violonchelista Agate Amilibia Garai e o contrabaixista Amador del Pozo Macías, todos eles estudantes da Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filharmonía de Galicia.