Ir o contido principal

A Casa Europa acolle un obradoiro sobre os mecanismos de difusión das publicacións da nova esquerda

O encontro celebrarase na Casa Europa, na Finca de Vista Alegre
O encontro celebrarase na Casa Europa, na Finca de Vista Alegre

A Casa Europa acolle o luns 21 e o martes 22 o obradoiro internacional ‘Building the Radical Identity. The Diffusion of the Ideological Framework of the New Left’ cuxa coordinación corre a cargo do profesor da USC Eduardo Rey Tristán e de Alberto Martín Álvarez, do Instituto Mora de México.

Como explican os seus promotores, esta reunión científica ten como obxectivo “a análise e o debate acerca dun dos principais mecanismos de difusión política-ideolóxica, como son as publicacións da nova esquerda, esenciais na construción dunha rede ideolóxica compartida que outorgou significado ás accións dos seus militantes”.

Na organización do evento participan a International Research Network on the Revolutionary Left, o Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas e o grupo de investigación HistAmérica da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Mora (México).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2018.