Cata de viños e cociña de mar, seguintes cursos das aulas activas de cociña da Universidade de Santiago

A Universidade de Santiago prosegue co programa de aulas de gastronomía pedagóxica que se celebran no Colexio de Fonseca e están abertos a membros e non membros da comunidade universitaria. Os cociñeiros Daniel Pulzoni e Jorge Carou e a sumiller Mercedes González forman parte da terna de docentes. O vindeiro 4 de marzo comezará o curso de cata de viños a cargo de Mercedes González, que durará ata o 27 de maio cun total de 12 clases de 2 horas. Tamén está a piques de iniciarse o de cociña de mar, que durará do 2 ao 23 de marzo con catro sesións de 2 horas. Ademais, ofértanse os cursos continuos de cociña niveis 1 e 2 que se corresponden cun coñecemento básico ou avanzado das técnicas de cociñado, respectivamente, e que se imparten durante unha hora e media semanal nas tardes dos martes. Para conseguir toda a información sobre os cursos e formalizar a matrícula, as persoas interesadas deben dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, no Colexio de San Xerome, ou chamar aos teléfonos 881 81 10 18 e no 881 81 11 03.