Ir o contido principal

O Catálogo da Biblioteca renova o seu portal na web

O Catálogo da Biblioteca Universitaria acaba de actualizar o seu portal en Internet coa introdución dunha serie de melloras orientadas a mellorar a operatividade e a experiencias dos/as usuarios/as. Ademais de oferta de contidos en inglés, galego e castelán, agora poden visualizarse as portadas dos libros (a través do seu ISBN e sempre que aparezan en Google Books), ademais de que existe a posibilidade de confeccionar listas propias de obras que poidan interesar, valoralas ou compartilas a través das redes sociais. Tamén existe a opción de consultar as obras na súa totalidade ou parcialmente sempre que estean dispoñible través de Google Books. As persoas que se acheguen ao Catálogo tamén terán á súa disposición o código QR de cada obra, ao que se engaden os boletíns de novidades das bibliotecas que o están a facer en Pinterest.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2013.