A Cátedra Bancaja da USC convoca axudas para asistir a un curso de verán sobre emprendedurismo en Porto

A Cátedra Bancaja para Mocidade Emprendedora acaba de asinar un convenio polo que ofrece axudas económicas para os estudantes da USC interesados no curso de verán sobre emprendedurismo que o Instituto Superior de Administración e Xestión de Porto (Portugal) desenvolve nesa cidade do 12 ao 16 de xullo. En virtude do acordo os estudantes da USC verán reducida á metade as tarifas da inscrición no curso e contarán cunha axuda para o aloxamento en residencia xuvenil. O prazo para solicitalo remata este venres, 9 de xullo. Para máis información: loreto.fernandez [at] usc.es (loreto[dot]fernandez[at]usc[dot]es) Os obxectivos específicos do curso ‘Empreendedorismo 360º’ serían a aplicación de técnicas e métodos de identificación de oportunidades, a avaliación das súas potencialidades e a relación co mundo dos negocios, a adaptación ao contexto empresarial das novas lóxicas dos movementos cívicos, a identificación dos desafíos do liderado responsable en tempos de cambio e a importancia do sector creativo para a economía.