A Cátedra Bolívar, xunto coa Autoridade Portuaria da Coruña e a Universidade Católica de Santos, organiza o IV Simposio Internacional de Xestión de Negocios en Ambiente Portuario
A Cátedra Bolívar da USC, a Autoridade Portuaria da Coruña e a Universidade Católica de Santos (Brasil) organizan un congreso sobre a sustentabilidade da actividade económica e dos negocios no contexto portuario. Baixo a denominación SINAP 2007 IV Simposio Internacional de Xestión de Negocios en Ambiente Portuario, o encontro celebrarase en Santos (Brasil) e en Santiago de Compostela, neste último campus a través de videoconferencia, entre os días 3 e 5 de outubro.
Ao longo das distintas sesións previstas trataranse cuestións relacionadas co marketing e administración da información, loxística portuaria, gobernanza e responsabilidade social, xestión ambiental, desenvolvemento rexional e clúster do petróleo e do gas, lóxica internacional e economía marítima, socioloxía das organizacións e do traballo e arqueoloxía en ambiente marítimo.
Os distintos relatorios previstos impartiranos conferenciantes pertencentes ás universidades de Santiago, Católica de Santos, Federal do Río Grande do Sur, e Estatal Paulista, así como representantes de CEPAL/ONU, dos portos da Coruña e de Santos, e do Museo Arqueolóxico da Coruña.
O director da Cátedra Bolívar, Luís Caramés, e a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Maite Cancelo, son os coordinadores do Congreso na parte galega.