A Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Dhaka prepara novas actividades

Dentro das habituais xestións da Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Dhaka (Bangladesh), o seu director, o profesor da USC Santiago Fernández Mosquera, entrevistouse co reitor Arefin Siddique para comunicarlle as futuras actividades a desenvolver e presentarlle unhas xornadas sobre El Quijote enmarcadas no cuarto aniversario da segunda parte da obra de Miguel de Cervantes.
Na xuntanza, á que tamén asistiu a profesora Amparo Porta Rivas, acordaron ademais fortalecer os programas académicos en lingua española que realizan conxuntamente o Instituto de Linguas Modernas da Universidade de Dhaka e o Departamento de Lingua e Literatura Española da USC.