A Cátedra Valle-Inclán da USC analiza nun seminario o problema da traxedia moderna
O profesor Dru Dougherty, da Universidade de California, impartirá este venres, día 23, e o sábado o seminario ‘Valle-Inclán e o problema da traxedia moderna’.
Organizado pola Cátedra Valle-Inclán da USC, o seminario celebrarase na sala 114 da Facultade de Filoloxía en horario de tarde o venres e de mañá o sábado.