Ir o contido principal

A catedrática Ángela Danil de Namor imparte unha conferencia en Lugo convidada pola Facultade de Ciencias

É a responsable da avaliación dos proxectos europeos de química supramolecular

A catedrática da Universidade de Surrey en Guildford (Inglaterra), Ángela Danil de Namor, ofrecerá este martes, día 10, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo un relatorio sobre química supramolecular.
Ángela Danil, considerada unha das mulleres máis importantes do século XXI e é a responsable da avaliación dos proxectos europeos no eido da química supramolecular. Nesta ocasión abordará o recoñecemento iónico, as súas aplicacións e a colaboración internacional neste ámbito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2007.